A Roda do Castro
Aparencia
Coordenadas: 43°26′14″N 8°12′18″O / 43.4373245, -8.2050422
A Roda do Castro | |
---|---|
Parroquia | Caamouco |
Concellos | Ares, Mugardos |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15051009 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1,6 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
A Roda do Castro ou castro de Piñeiro é un poboado castrexo de outeiro fortificado situado en Ares, no límite con Mugardos.[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
É un casto de cumio fortificado de tamaño monumental aproveitando as formas do monte. Ten forma circular case duns 100 metros de diámetro. A croa é unha carballeira. Ten defensas dobres concéntricas e dous foxos. Están ben conservadas as defensas ao leste. Ao oeste están moi achairadas e só se conserva unha das liñas defensivas de moi pouca altura. Polo norte ten un antecastro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "PXOM de Ares 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carneiro Rey, J. A. (2003): "O castro do Piñeiro (península de Ares-Mugardos) Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.", en Cátedra. Revista Eumesa de Estudios.